Nova oferta formativa en Galicia! Se estás aquí é porque che interesa o Plan de formación do Xacobeo 2021-2022 que está en marcha e do que xa podes participar. Este post pretende ser 100% informativo, polo que vou contarcho todo da forma máis sinxela e reducida posible, para que en cuestión de 5 minutos contes con toda a información que necesitas sobre os cursos gratuitos en Galicia que ofrecemos por mor do Xacobeo. Imos!
Hablamos sobre...
Que é o Xacobeo e cando se celebra
É unha celebración que ten lugar en Galicia cada vez que o aniversario do martirio do Apóstolo Santiago o Maior coincide en domingo. Así, os anos nos que o 25 de xullo coinciden en domingo son anos Xacobeo. No ano Xacobeo todos os cristiáns que visiten a tumba do Apóstolo na cripta Catedral de Santiago de Compostela poden recibir a indulxencia plenaria, que é a absolución directa de todos os pecados. O ano Xacobeo empeza e termina os 31 de decembro.
Como curiosidade, podemos comentar que cada 100 anos celébranse 14 Xacobeos e que este ano Xacobeo durará dous anos, de forma excepcional, por unha petición que saíu desde Galicia -con unanimidade- a Roma, debido á situación sanitaria excepcional que atravesamos, e que foi aceptada polo Papa Francisco.
Actividades do Xacobeo
No Ano Xacobeo exponse un programa moi extenso de actividades: festivais de música, concertos, exposicións, talleres e conferencias centradas no Camiño de Santiago, etc.
Con esta mesma preocupación por reactivar a economía e mellorar a empregabilidade, xorde o Plan de formación no Xacobeo Comunidade Autónoma de Galicia do que Grupo Método forma parte como entidade que ofrece e imparte formación, e que é motivo deste post.
[bctt tweet=»O Plan de formación no Xacobeo 21-22 xorde da preocupación por reactivar a economía e mellorar a súa empregabilidade.»]
Plan de formación no Xacobeo Comunidade Autónoma de Galicia
Neste plan vas atopar cursos en liña e cursos presenciais.
Requisitos de acceso
☑ Traballadores por conta propia ou allea de calquera sector de actividade en Galicia.
☑ A persoas en ERTE, ERE ou redución de xornada de calquera sector de actividade en Galicia.
☑ Aos presenciais, a maiores, tamén poden acceder demandantes de emprego en Galicia.
A oferta formativa Xacobeo 21.22 de Grupo Método
Facendo clic nesta imaxe irás directamente á páxina.
Unha vez dentro, facendo clic nos botóns «inscríbete» e «ver detalles» poderás ver o temario e os requisitos de acceso do curso en cuestión.
Demandantes de emprego
Se tes o alta como demandante de emprego en Galicia, como comentabamos arriba, poderás acceder unicamente aos cursos presenciais. Se estás nesta situación podes 👉 ver a oferta de Grupo Método de cursos presenciais 👈do Plan de formación no Xacobeo Comunidade Autónoma de Galicia.
Arantxa Lamas
Últimos posts de Arantxa Lamas (ver todos)
- Cursos gratuitos en Canarias 🍌 nueva convocatoria de FPE - 14 febrero 2022
- 🏅 Somos Institución educativa en LinkedIn: añade tus cursos en tu CV - 28 enero 2022
- 🚀 Cursos gratuítos en Galicia: Xacobeo 2021-2022 - 24 enero 2022