Es demandante de emprego e necesitas formarte? Estos Certificados Profesionais poden ser a porta de entrada o mercado laboral. Contámosche todo sobre a nova convocatoria de formación gratuíta en Galicia.
Hablamos sobre...
Formación para desempregados
Outro ano máis, chegan a Galicia novas accións formativas totalmente gratuítas para desempregados. Nesta encontrarás dous tipos de formación, por un lado os certificados profesionais de nivel 1,2 e 3; por outro lado, competencias clave de acceso a estes. As diferentes accións formativas impartiranse en A Coruña, Teo, Pontevedra e Vigo, para que poidas inscribirte no teu centro máis cercano:
- Vigo: rúa Agragón, 82 e rúa Areal, 144 (ver formacións).
- Pontevedra: rúa Curtidoira, 2. Entrada por Pza. Ponte Boleira (ver formacións)
- Teo: rúa Castaño, 10. Centro Comercial Os Tilos, local 51/53 (ver formacións)
- A Coruña: rúa Diego Delicado, 23 (ver formacións)
Certificados profesionais
Para acceder aos certificados profesionais é necesario cumplir requisitos académicos. Poden ser de nivel 1, 2 ou 3.
Certificados profesionais de nivel 1
Para acceder aos Certificados Profesionais de nivel 1 non é necesario acreditar formación académica previa.
- ADGG0408 Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais – 448h (A Coruña, Teo, Pontevedra e Vigo)
- ADGG0508 Operacións de grabación e tratamento de datos e documentos -458h (A Coruña, Teo e Vigo)
- ELES0208 Operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios – 458h (Pontevedra)
Certificados profesionais de nivel 2
Para acceder aos Certificados Profesionais de nivel 2 é necesario ter o título da ESO ou equivalente
- IFCD0110 Confección e publicación de páxinas web – 578h (A Coruña e Vigo)
- COMV0108 Actividades de venta – 608h (Vigo)
- SEAD0212 Vixilancia, seguridade privada e protección de explosivos -368h (Vigo)
- ELEM0111 Montaxe e mantemento de sistemas domóticos e inmóticos – 558h (Pontevedra)
- ELES0108 Montaxe e mantemento de infraestructuras de telecomunicacións en edificios – 468h (Pontevedra)
- MF1978_2 Montaxe de sistemas de automatización industrial (Pertence a: ELEM0311 Montaxe e mantenmento de sistemas de automatización industrial) 288h (Pontevedra)
- ADGG0208 Actividades administrativas na relación co cliente – 818h (Teo)
Certificados profesionais de nivel 3
Para acceder aos Certificados Profesionais de nivel 2 é necesario ter o título de bacharelato ou equivalente
- COML0109 Tráfico de mercancías por estrada – 538h (Vigo)
- COML0309 Organización e xestión de almacéns – 408h (Vigo)
- SSCB0211 Dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil – 428h (Vigo)
- ADGG0308 Asistencia documental e de xestión en despachos e oficinas – 768h (A Coruña)
Competencias clave
Por outro lado, como comentabamos previamente, non hai problema se non contas coa formación académica necesaria para acceder ós certificados de profesionalidade. Para iso mesmo están as competencias clave. Trátase de coñecementos básicos que garanten que podas aproveitar satisfactoriamente calquera formación.
- FCOV33 Competencias clave nivel 3 para certificados de profesionalidade con idioma galego – 618h (Teo).
Neste enlace tes máis información sobre competencias clave.
Vantaxes da formación gratis en Galicia
A formación actualizada e continua potencia o teu perfil á hora de atopar traballo e hai 3 puntos clave polos que aproveitala:
🛠️ Realizar prácticas en empresas nas que poñer a proba os teus coñecementos.
🎓 Obter unha titulación oficial que te acredite para desenvolver funcións acordes ó aprendido.
💸 É unha oportunidade 100% gratuíta.
👨🎓 Aprender da man de profesionais da área.
Agora que xa sabes onde podes atopar formación gratis en Galicia, non hai excusa! Se queres dar o paso ou coñeces a quén lle pode interesar, solicita a túa praza cubrindo o formulario que aparece dentro da ficha do Certificado Profesional ou Competencias Clave que máis che interese.
Para máis información tamén estamos en:
📞 Chámanos ao teléfono gratuíto 900 812 902.
💬 Envía un WhatsApp ao 604 008 706.
📩 Envía un correo electrónico a inscripciones@metodogrupo.com cos teus datos e o curso que che interese.
Últimos posts de Eva Crispin (ver todos)
- Los beneficios que no conoces de la formación continua - 2 mayo 2025
- Qué preguntar en una entrevista de trabajo - 29 abril 2025
- Mejora tu toma de decisiones al emprender - 21 abril 2025