Formación gratuíta en Prevención de Riscos Laborais en Galicia

Formación gratuíta en Prevención de Riscos Laborais en Galicia
¡Compártelo!

A prevención de riscos laborais está recollida na Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais. O obxectivo desta lei é promover a seguridade e saúde dos traballadores por parte das empresas, con medidas e actividades de prevención adecuadas a cada actividade desenvolvida por parte dos profesionais.

Unha desas actividades é a formación. Formar aos traballadores e ás traballadoras nesta materia é clave para que coñezan os riscos asociados á súa actividade e, desta forma, minimizar as posibilidades de sufrilos.

En Grupo Método impartiremos formación gratuíta en Prevención de Riscos Laborais en Galicia, en modalidade online e co financiamento da Xunta de Galicia.

Formación gratuíta en Prevención de Riscos Laborais en Galicia

Son tres os sectores laborais aos que nos diriximos con esta formación: téxtil, mar-alimentario e profesionais por conta propia do metal.

A base de toda esta formación é formar aos profesionais en materia de Prevención de Riscos Laborais asociados á actividade que realizan, sempre tendo en conta a natureza do propio traballo.

Programa formativo de consolidación da cultura preventiva no sector metal

Este programa formativo diríxese a profesionais por conta propia do sector metal. O seu obxectivo é o de dotar a esas personas dos coñecementos teórico-prácticos que lles permita aborar con eficacia a Prevención de Riscos Laborais.

Son tres os cursos que forman parte deste programa, os tres en modalidade online e gratuítos:

Fomentos de hábitos de vida saudable (45h)

Neste curso os alumnos e as alumnas aprenderán a tomar decisións de hábitos saudables e procurar solucións convenientes ante situacións de risco para a saúde.

Afrontar os riscos ergonómicos derivados do traballo no sector do metal (40h)

Con esta formación preténdese conseguir unha reducción de riscos ergonómicos, sobre todo das personas que realizan actividades manuais e con carga física.

Afrontar os riscos psicosociais emerxidos durante a pandemia da Covid-19 no sector metal (45)

O obxectivo deste curso é recoñecer os factores de risco de natureza psicosocial derivados da actividade laboral durante a pandemia da Covid-19 para poder abordarlos con éxito.

Prevención dos riscos laborais dos traballadores e traballadoras no clúster mar-alimentario

Esta formación está dirixida a profesionais do sector mar-alimentario en Galicia e ten como obxectivo formalos para que poidan afrontar con éxito a Prevención de Riscos Laborais asociados ás súas actividades laborais.

Os cursos que forman parte deste itinerario formativo, en modalidade online e gratuítos, son os seguintes:

Afrontar os riscos ergonómicos derivados do traballo no sector mar-alimentación (40h)

O obxectivo deste curso é reducir os riscos ergonómicos procedentes das actividades manuais e que conlevan unha elevada carga física.

Incorporar a perspectiva de xénero na xestión de riscos laborais no sector Mar-Alimentario (35h)

Este curso diríxise ás mulleres que traballan no sector mar-alimentario, para reducir os riscos derivados das súas actividades laborais.

Afrontar os riscos emerxentes para traballadores maiores de 55 anos no sector Mar-Alimentario (35h)

Dirixido a personas maiores de 55 anos para que poidan identificar e afrontar os riscos asociados a súa actividade e a súa idade.

Afrontar os riscos psicosociais emerxidos durante a pandemia Covid-19 (35h)

Para encarar os factores de risco de natureza psicosocial derivados da actividade laboral no contexto da pandemia da Covid-19.

Fomentos de hábitos de vida saudable (35h)

Aprenderemos a tomar hábitos de vida saudable con fin de minimizar os riscos laborais ligados á propia saúde.

Itinerario formativa para unha prevención integral dos riscos laborais nas industrias téxtiles de Galicia

E, xa por último, centrarémos na formación gratuíta en Prevención de Riscos Laborais para profesionais das industrias téxtiles. O obxectivo desta formación é facilitar ás personas traballadoras do sector os coñecementos teórico-prácticos para abordar con eficacia esta temática.

Estes son os tres cursos que se dirixen ao sector téxtil:

Afrontar os riscos ligados ás actividades feminizadas no sector téxtil (35h)

Este curso ten por obxectivo identificar e facer fronte aos riscos específicos das mulleres traballadoras derivados da actividade laboral no contexto das industrias téxtiles.

Afrontar os riscos psicosociais emerxidos durante a pandemia Covid-19 no sector téxtil (30h)

Con esta formación os alumnos e as alumnas aprenderán a recoñecer e facer fronte aos ricos psicosociais derivados da pandemia da Covid-19 a nivel laboral.

Afrontar os riscos ergonómicos derivados do traballo nas industrias téxtiles (35h)

Co obxectivo de reducir os riscos ergonómicos derivados das actividades vencelladas ao sector téxtil.

 

Toda esta formación gratuíta en Prevención de Riscos Laborais está financiada pola Xunta de Galicia, polo que son cursos completamente gratuítos.

Impártense en modalidade online e para poder acceder o único requisito de acceso é estar traballando no sector indicado anteriormente en cada un dos apartados ou estar dado de alta como demandante de emprego en Galicia.

As solicitudes de prazas pódense facer directamente a través da web, facendo clic nos enlaces anteriores, chamando ao teléfono gratuíto 900 812 902 ou enviando un correo electrónico a inscripciones@metodogrupo.com (indicando datos persoais e curso que se quere realizar).

 

 

Formación gratuíta en Prevención de Riscos Laborais en Galicia
The following two tabs change content below.

Beatriz Lorenzo

Licenciada en Publicidad y relaciones públicas. En los últimos años me he especializado en marketing digital y en Social Ads. Digital Marketing Manager en Grupo Método.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll hacia arriba